BLOGUE DO EDLG

Porque a diversidade enriquécenos, porque as linguas son depositarias da historia, expresan a identidade, contribúen ao coñecemento humano e son interesantes por si mesmas.

Aquí estamos cunha nova andaina que este curso terá que ver co noso proxecto "UNHA VIAXE POLO TEMPO", sen esquecernos do noso obxectivo principal que é dar, entregar, doar a nosa lingua a todas aquelas persoas que queiran recibila, como nola agasallaron a nós. Así darémoslle vida a este marabilloso patrimonio que é o noso idioma, creado con amor, con ledicia, con saudade, con agarimo ... polos nosos antepasados ao longo de centos de anos e que lles serviu para vivir, amar, gozar, sufrir, crer, soñar, evolucionar, desenvolverse ... durante séculos.

Podemos ler o romance de Darío Xoán Cabana sobre a historia da lingua galega aquí e escoitala pulsando aquí

Agradecemos calquera comentario, crítica construtiva... en edlgespinheira@gmail.com

Para saber máis podedes entrar en

martes, 7 de febreiro de 2017

CAMBIOS NO BLOG DO NOSO EDLG

Despois de estudar as distintas posibilidades, acordamos que sería máis conveniente, a partir de agora, xuntar nun só os blogues de BIBLIOTECA e EDLG, polo que as novas entradas deste equipo poderedes atopalas neste enlace

http://ocantildaspalabras.blogspot.com.es/

martes, 13 de decembro de 2016

GUÍAS DE LECTURA E MÚSICA 2016-17

Nesta ligazón podedes atopar as nosas recomendacións de lectura e música para este curso 2016-17 para os distintos grupos de idade.
Nesta época de tantos agasallos, aproveitade para elixir tamén un libro ou disco entre estes que están ben.

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipespinheiraaldan/taxonomy/term/112

xoves, 27 de outubro de 2016

SAMAÍN 2016

PULSANDO NA IMAXE TEDES MÁIS RECURSOS PARA CELEBRAR E APRENDER SOBRE ESTA FESTA.
QUE O PASEDES MOI BEN, OU SEXA, DE MEDO!!!!!!!!!!!!!!!

PODEDES PROBAR TAMÉN CALCANDO NESTE ENLACE SYMBALOO

sábado, 25 de xuño de 2016

ADHESIVO GAÑADOR 2016

Aquí tedes o adhesivo gañador do noso concurso deste 2016





Moitísimas grazas pola vosa participación neste concurso e tamén a todas as persoas que colaboraron nalgunha parte do proceso do concurso para que este chegase a bo porto.

luns, 30 de maio de 2016

Correlingua 2016 - A Gramola Gominola

CORRELINGUA é o termo co que se coñece a celebración dunha serie de marchas reivindicativas en prol dos dereitos da lingua galega que transcorren polas distintas comarcas de Galicia.

Se queredes saber máis sobre esta festividade, picade na seguinte imaxe.
Image and video hosting by TinyPic

Este ano o Correlingua desenvolveuse baixo o lema "O galego está en nós", inspirado nun poema de Manuel María, escritor homenaxeado este ano nas Letras Galegas.


Na nosa comarca (O Morrazo) celebrouse en Cangas.

A banda convidada para amenizar este acto foi "A GRAMOLA GOMINOLA"A Gramola Gominola é un grupo de música infantil, en galego, pensado para as máis pequenas e pequenos da casa. Pero non é un grupo máis, non é o de sempre, é unha banda de rock!


Por se queredes escoitar algunhas cancións desta divertida banda, aí vos vai un Symbaloo con algunhas que atopamos por youtube:



O Equipo de DLG

mércores, 25 de maio de 2016

Dicionario Visual Interactivo


Unha páxina moi interesante coa que, mediante xogos, podedes aprender moitísimo vocabulario en galego:

Image and video hosting by TinyPic

O Equipo de DLG