BLOGUE DO EDLG

Porque a diversidade enriquécenos, porque as linguas son depositarias da historia, expresan a identidade, contribúen ao coñecemento humano e son interesantes por si mesmas.

Aquí estamos cunha nova andaina que este curso terá que ver co noso proxecto "UNHA VIAXE POLO TEMPO", sen esquecernos do noso obxectivo principal que é dar, entregar, doar a nosa lingua a todas aquelas persoas que queiran recibila, como nola agasallaron a nós. Así darémoslle vida a este marabilloso patrimonio que é o noso idioma, creado con amor, con ledicia, con saudade, con agarimo ... polos nosos antepasados ao longo de centos de anos e que lles serviu para vivir, amar, gozar, sufrir, crer, soñar, evolucionar, desenvolverse ... durante séculos.

Podemos ler o romance de Darío Xoán Cabana sobre a historia da lingua galega aquí e escoitala pulsando aquí

Agradecemos calquera comentario, crítica construtiva... en edlgespinheira@gmail.com

Para saber máis podedes entrar en

luns, 25 de xaneiro de 2016

Aquí temos o noso calendario para este ano 2016!!!



Así quedou o calendario deste ano, que desde o equipo de DLG quixemos dedicarlle a Manuel María, homenaxeado este ano nas Letras Galegas.



Queremos agradecer a colaboración  dos nenos e nenas do cole, que nos mandaron propostas para ilustralo e que quedase tan bonito.
Non puidemos incluír todos os debuxos pero queremos destacar a labor de todos os participantes.

Algúns dos debuxos que incluímos:














Miguel 3º de Educación Primaria.


















Ruth 3º de Educación Primaria.




















  

Araceli, nai de Carlos 5º de Educación Primaria.


Grazas pola colaboración.
O Equipo de DLG

venres, 22 de xaneiro de 2016

CANCIÓN PARA A PAZ



Esta é a danza
da esperanza,
danza capaz
de sementar paz.
Ombro con ombro
pódese todo.
Ombro con ombro
pódese todo.
Dá un taconazo.
Levanta un brazo
e con donaire
dálle ao cu aire.
Colle a orella
da túa parella.
Faille cóchegas.
Ponte en crequenas.
Esta é a danza
da esperanza,
danza capaz
de sementar paz.

Agora dá un brinco,
ou mellor cinco!,
e tres palmadas
con gargalladas.

Esta é a danza
da esperanza,
danza capaz
de sementar paz.

Logo, ao compás,
anda cara atrás,
e cara adiante,
coma un xigante.

Pinta un momento
PAZ no vento.
Grita un segundo:
PAZ NO MUNDO”.