BLOGUE DO EDLG

Porque a diversidade enriquécenos, porque as linguas son depositarias da historia, expresan a identidade, contribúen ao coñecemento humano e son interesantes por si mesmas.

Aquí estamos cunha nova andaina que este curso terá que ver co noso proxecto "UNHA VIAXE POLO TEMPO", sen esquecernos do noso obxectivo principal que é dar, entregar, doar a nosa lingua a todas aquelas persoas que queiran recibila, como nola agasallaron a nós. Así darémoslle vida a este marabilloso patrimonio que é o noso idioma, creado con amor, con ledicia, con saudade, con agarimo ... polos nosos antepasados ao longo de centos de anos e que lles serviu para vivir, amar, gozar, sufrir, crer, soñar, evolucionar, desenvolverse ... durante séculos.

Podemos ler o romance de Darío Xoán Cabana sobre a historia da lingua galega aquí e escoitala pulsando aquí

Agradecemos calquera comentario, crítica construtiva... en edlgespinheira@gmail.com

Para saber máis podedes entrar en

xoves, 31 de marzo de 2016

Xogo da Vaca Connie

Aí vos vai unha páxina web con xogos da Vaca Connie para os máis peques.

A web nos di o seguinte:
 
"Para que vos movades facilmente pola miña web, dividímola en tres áreas identificadas por tres cores:
- Rosa: Aquí encontraredes xogos: Parellas, crebacabezas, coincidencias e a granxa.
- Azul: Aquí encontraredes contos.

- Verde: Para que xoguedes cos vosos pais: Pintar, recortar e pegar, recoñecer letras e números e formar palabras".

Picade na foto:

Image and video hosting by TinyPic

O Equipo de DLG

martes, 22 de marzo de 2016

Xogo da Pascua


Aquí vos deixo un LIM sobre a Pascua:

Image and video hosting by TinyPic

Tede unhas BOAS VACACIÓNS!!! Vémonos á volta.

Saúdos.

O Equipo de DLG

luns, 21 de marzo de 2016

Día Mundial da Poesía

Cada ano, o 21 de marzo, a UNESCO celebra o Día Mundial da Poesía. A decisión de proclamar o 21 de marzo como Día Mundial da Poesía foi adoptada no ano 2001.

De acordo coa decisión da UNESCO, o principal obxectivo desta acción é soster a diversidade dos idiomas a través da expresión poética.

Por outra parte, este día ten por obxecto apoiar a poesía, a volta á tradición oral dos recitais de poesía, promover o ensino da poesía, o restablecemento do diálogo entre a poesía coas demais manifestacións artísticas, como o teatro, a danza, a música, a pintura e así sucesivamente, o apoio aos pequenos editores e crear unha imaxe atractiva da poesía nos medios de comunicación.




Aí vos vai un Symbaloo que fixen con material sobre a Poesía:




O Equipo de DLG

domingo, 20 de marzo de 2016

Equinoccio de Primavera


Hoxe comeza a Primavera!!!

Démoslle a BENVIDA ás flores e ao sol (… Aínda que por aquí sigamos coa chuvia…).

Aquí vos deixamos uns LIMs sobre esta estación do ano tan fermosa cos que podedes xogar e aprender cousas sobre ésta e as demais estacións do ano:

Image and video hosting by TinyPic
Image and video hosting by TinyPic

Saúdos.

O Equipo de DLG

Galicia – Manuel María


Por último, poñervos un poema musicado por Suso Vaamonde (que podedes atopar se picades na seguinte imaxe) chamado “Galicia” que aparece no libro “Os soños na gaiola” (1968):

Image and video hosting by TinyPic


O Equipo de DLG

sábado, 19 de marzo de 2016

Señor Gato - Manuel María

Poema “Señor Gato” do libro “Os soños na gaiola” (1968), musicado por Uxía:



O Equipo de DLG

venres, 18 de marzo de 2016

A casa onde medran os versos - Manuel María

Poema “A casa onde medran os versos” do libro “Sonetos á Casa de Hortas” (1997) ao que lle pon música a cantante galega Uxía:



O Equipo de DLG

xoves, 17 de marzo de 2016

Conto de medo – Manuel María

O poema de hoxe titúlase “Conto de medo” e está incluído no libro do autor “As rúas do vento ceibe” (1979):



O Equipo de DLG

mércores, 16 de marzo de 2016

Rosas – Manuel María

Imos cun poema titulado “Rosas” do libro “A luz resucitada” (1984):

Se picades na imaxe que aparece a continuación accederedes a un vídeo da páxina web da Casa-Museo do autor e poderedes escoitar a Manuel María recitando este breve e fermoso poema:

Image and video hosting by TinyPic




O Equipo de DLG

martes, 15 de marzo de 2016

Terra Chá – Manuel María

Seguimos cun poema do libro “Terra Chá” (1954), que leva por título o mesmo nome. Esta vez está musicado pola cantante galega Uxía:

Ésta trátase dunha das obras poéticas máis emblemáticas de Manuel María. Nela busca a sinxeleza da forma co fin de que a poesía volva ser popular. É un percurso pola poesía humana chairega, un canto ás súas xentes, traballos, tradicións, festas, animais, cousas...




O Equipo de DLG

luns, 14 de marzo de 2016

O Arco da Vella – Manuel María

O día 21 de Marzo se conmemora o Día Mundial da Poesía e desde o Equipo de DLG queremos celebralo ao longo desta semana con poemas con temáticas moi variadas.

Para ir abrindo boca para as Letras Galegas deste ano, que se adican ao escritor Manuel María, querémosvos poñer algunhas poesías do seu puño e letra.

Comezamos cunha poesía (que ademais está musicada por Suso Vaamonde) do libro “Os soños na gaiola” (1968):

 




Esperamos que vos guste.

O Equipo de DLG

xoves, 10 de marzo de 2016

"O lobo e a lúa" de Baobab Teatro

Mañá imos, Educación Infantil, 1º, 2º e 3º de Educación Primaria, para ver esta obra tan curiosa que é “O lobo e a lúa” ao Auditorio de Cangas.

Por iso queremos deixarvos unha pequena recensión do que vos ides atopar:



SINOPSE:

Había unha vez un pequeno lobo que vivía nun prado azul, el precisaba falar coa lúa, era moi importante o que lle tiña que dicir, como a lúa estaba moi lonxe non lle escoitaba, así que o lobo tiña que berrar, cos seus berros non deixaba durmir a ninguén, nin a Nina a tartaruga, nin a Duarte o elefante, nin a Miñao o gato malvado.
No seu intento de falar coa lúa coñece a Mariano, un rato falador e divertido que lle axudará, ou quizais non.

No prado azul esta noite, ninguén pode durmir!







“O lobo e a lúa” é unha peza teatral tenra, divertida e intrigante onde os seus personaxes conviven a pesar das súas diferenzas. Ninguén é tan bo como aparenta nin tan malo como parece. Un espectáculo que transcorre sempre de noite, á luz da LÚA. Unha historia de amizade, superación dos propios medos e do amor.

Público: A partires de 2 anos de idade.

FICHA TÉCNICA:

Dirección: Óscar Ferreira e Andrea Bayer
Guión: Andrea Bayer
Dirección de manipulación: Óscar Ferreira
Elenco: Xosé Manuel Esperante / Cora Sayers
Deseño de escenografía: Óscar Ferreira
Escenografía: Óscar Ferreira e Juan Silva
Vestiario: Baobab Teatro
Música: Elena Paz e Xosé Liz
Deseño de iluminación: Daniel Abalo
Deseño sonoro: Daniel Abalo


ESPERAMOS QUE VOS GUSTE MOITO!!!

P.S. Algunhas fotos dos nosos alumnos na obra de teatro:




O Equipo de DLG