BLOGUE DO EDLG

Porque a diversidade enriquécenos, porque as linguas son depositarias da historia, expresan a identidade, contribúen ao coñecemento humano e son interesantes por si mesmas.

Aquí estamos cunha nova andaina que este curso terá que ver co noso proxecto "UNHA VIAXE POLO TEMPO", sen esquecernos do noso obxectivo principal que é dar, entregar, doar a nosa lingua a todas aquelas persoas que queiran recibila, como nola agasallaron a nós. Así darémoslle vida a este marabilloso patrimonio que é o noso idioma, creado con amor, con ledicia, con saudade, con agarimo ... polos nosos antepasados ao longo de centos de anos e que lles serviu para vivir, amar, gozar, sufrir, crer, soñar, evolucionar, desenvolverse ... durante séculos.

Podemos ler o romance de Darío Xoán Cabana sobre a historia da lingua galega aquí e escoitala pulsando aquí

Agradecemos calquera comentario, crítica construtiva... en edlgespinheira@gmail.com

Para saber máis podedes entrar en

XOGOS POPULARES



Imos ir poñendo aquí distintos xogos que poden axudarnos a pasar a pasar un bo anaco, a deixar voar o nosa creatividade adaptando os que poidamos se non podemos facer ou conseguir os materiais que sinalan, a imaxinar outros parecidos, a falar coas persoas maiores preguntándolles a que xogaban daquela que non tiñan televisión, nin ordenadores, nin consolas ... pero tamén intentaban pasalo ben xogando.


Moitas grazas a todas as persoas que traballan moito neste eido para que poidamos seguir coñecendo e gozando con este extraordinario patrimonio.

Para empezar aquí estamos nós, un grupo do noso alumnado, xogando e cantando.

Xogo de mans en grupo cantando. É importante coordinar os movementos e cantar á vez. 


O noso enorme agradecemento a Nito pola súa extraordinaria recompilación no seu marabiloso blog. Picade na imaxe e comprobarédelo.

http://enredoscampolongo.blogspot.com.es/


Tamén un millón de grazas a Cándido Mascato e colaboradores no proxecto "XOGOS POPULARES NO GROVE", que nos achegan os seguintes:
Picade enriba do título ou da imaxe e atoparedes moitísimos xogos

XOGOS DE HABILIDADE


XOGOS DE LANZAMENTO


XOGOS DE TABOLEIRO